A FIP alerta sobre os altos niveles de discriminación e violencia contra as mulleres nos medios

Para conmemorar o Día Internacional estrategias trading criptomonedas da Muller, o Consejo de Género de la Federación Internacional de Periodistas (FIP) publica un informe que alerta sobre os altos niveis de discriminación e violencia contra as mulleres nos medios de comunicación de todo o mundo.

«Tocamos teito, un lugar onde o movemento e o cambio parecen inexistentes», explica o informe do Consejo de Género de la FIP, sinalando ao Global Media Monitoring Project (GMMP), que cada cinco anos indica o lugar que ocupan as mulleres nas noticias. O informe de GMMP de 2015 conclúe que «o progreso das mulleres nos medios estancouse». Dito informe, que se realizou en 114 países coa axuda dos afiliados da FIP, amosa que as mulleres constitúen «tan só o 24% das persoas ás que se escoita, se lee ou se ve nas noticias dos xornais, as televisións e as emisoras de radio, exactamente o mesmo nivel rexistrado no informe de 2010». Continue reading

Xustiza atende a editores e xornalistas e modificará a LECrim

O ministro Ricardo Catalá, nunha reunión con FAPE, FOP (á que pertence a FeSP e, polo tanto, o Sindicato de Xornalistas de Galicia) e a patronal AEDE, comprométese a cambiar a polémica enmenda sobre http://abouttrading.es/cryptocurrency-trading-strategy a publicación de imaxes dos detidos para non prexudicar o dereito á información

O ministro de Xustiza, Rafael Catalá, reuniuse con representantes da FAPE, o Foro de Organizaciones de Periodistas (do que forma parte a FeSP) e a patronal AEDE, que lle trasladaron o malestar e a inquietude que provocou entre os profesionais da información e os editores a polémica enmenda sobre as detencións que introduciron o PP e CiU no proxecto de modificación da Ley de Enjuiciamiento Criminal. Continue reading